Deixámosvos unha nova proposta para traballar nos momentos de ansiedade e volver a un estado máis relaxado. Esperamos que vos sexa de axuda!
As meigas e magos que formamos o EQUIPO DE ORIENTACIÓN do Colexio Eduardo Pondal queremos aportar un chisquiño de maxia co fin de facer estes días máis levadíos. A través deste blog colgaremos pócimas cheas de cariño para axudar os pais, nais e alumn@s neste momento no que temos que traballar dende casa. Ánimo rapaces!! #euquedonacasa
Amosando publicacións coa etiqueta TDAH b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TDAH b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 27 de maio de 2020
xoves, 14 de maio de 2020
TDAH e organización
Desenvolvemento da autonomía en nenos con TDAH
Nos nenos con TDAH podemos atopar dificultades para que a organización se leve a cabo ou simplemente exista. Por iso, contar con recordatorios visuais aos que poder acceder como apoio pode ser un elemento relevante para eles e, a través dos cales, poderán adestrarse para mellorar a súa capacidade organizativa.
No plano académico é preciso que os nenos leven a cabo tarefas organizativas, tanto na xestión dos deberes, en organización do material, en secuenciación e planificación de traballos e exames, etc. Por iso, as autoinstruccións pódennos resultar útiles, tanto en tarefas escolares como organizativas do día a día.
Neste caso quero centrarme na súa utilización no plano académico a través de dous exemplos, de forma que pais e profesores poidan basarse neles para extrapolalo ás súas propias situacións.
CASO 1: Un neno que esquece apuntar as tarefas na axenda.
Para estes casos, unha estratexia que podemos empregar é anotar cada día as asignaturas que ten ese día e que o neno indique en cada unha tarefas ou traballos desa asignatura ou mediante unha raia, guión ou o que desexe que non ten nada desa asignatura. Con iso, o neno poderá comprobar dun xeito visual e rápida si queda algunha asignatura dese día que non anotou ou si pola contra está todo apuntado.
Luns.
Matemáticas: pág. 21 ej. 4-5-6
Linguaxe: /
Inglés: page 14 exercises 5-6
E.Física:/
C. Sociais: esquema do Sistema Solar.
CASO 2: Un neno que presenta dificultades á hora de enfrontarse á realización de tarefas fora do centro.
- Miro o que teño que facer na axenda.
- Ordénoas por orde de prioridade.
- Comezo a realizalas tendo en conta un pequeno descanso entre asignaturas.
- Repaso e comprobo que completei todas as tarefas.
- Preparo a mochila para o día seguinte.
Estes son só algúns pequenos exemplos do que podemos facer apoiándonos nas autoinstruccións e que, como indicamos, poden extrapolarse a diferentes ámbitos da vida do neno, non só ao plano curricular.
martes, 12 de maio de 2020
TÉCNICAS DE AUTOCONTROL E RELAXACIÓN
Hoxe traémosvos unha serie de estratexias que podedes utilizar ante unha situación de ansiedade nos nenos e nenas. Esperamos que vos sexan de axuda.
- Bote da calma: Podedes preparar un bote da calma e colocalo nun lugar visible para utilizalo cando sexa necesario. Ó axitalo, podemos observar como os elementos se moven e volven pouco a pouco ó fondo do bote. É moi relaxante observar este proceso. Aquí tedes un enlace onde se explica paso a paso como se pode realizar:
- Técnica do globo: Consiste en imaxinar que somos un globo e inspirar profundamente enchendo os pulmóns de aire, para logo exhalar ese aire moi despaciño. É conveniente repetir o exercicio varias veces. Outra opción é tumbarnos nunha esterilla e colocar un obxecto na nosa barriga (por exemplo, un barquiño de papel), respiramos lentamente e observamos como o barco sube e baixa.
- Técnica da tartaruga: A través deste conto, os nenos e nenas poden lembrar os pasos que segue este animal e imitalos para controlar os seus impulsos. Compartimos con vos un esquema:
- Técnicas de relaxación:
sábado, 28 de marzo de 2020
NOTAS SOBRE O TDAH (2ª parte)
TRATAMENTO
O tratamento que amosou maior efectividade é o multimodal, que consiste en combinar:
- Tratamento psicolóxico dirixido a pais/nais, profesores e nenos/as. Proporcionar información, estratexias manexo conduta, mellora de relación e aumento de autocontrol.
- Tratamento farmacolóxico para remitir os síntomas básicos, facilitando co tempo o correcto desenvolvemento intelectual, social e familiar.
- Tratamento psicopedagóxico para mellorar as habilidades académicas e o comportamento.
TRASTORNOS ASOCIADOS
A maioría dos nenos con TDAH presentarán un ou varios trastornos engadidos ao longo do tempo (comorbilidade). Estes trastornos manifestaranse en maior medida se non se segue correctamente o tratamento. Os trastornos asociados ao TDAH son os seguintes:
1. Trastorno de aprendizaxe
2. Trastorno oposicionista o negativismo desafiante
3. Trastorno disocial
4. Trastorno obsesivo compulsivo
5. Ansiedade
6. Depresión
NECESIDADES
Os alumnos/as con TDAH precisan que os profesores se adapten ao funcionamento do seu cerebro e as súas capacidades e que lles axuden a desenvolver a súa intelixencia executiva tendendo pontes coas experiencias escolares. Os profesores como control executivo “externo”.
Teñen problemas de iniciación, de memoria de traballo, de inhibición (perden o fío, interrompen), de cambio (non aceptan correccións, enfados), de planificación e organización, de conciencia dos erros (pensan que sempre o fan ben) e temporais (viven no presente e non aprenden do pasado)
ESTRATEXIAS
O obxectivo é axudalos a ser autónomos e responsables, reflexivos e asertivos, que sexan proactivos e que se coñezan a si mesmos (puntos fortes e febles). Partimos de tarefas sinxelas, adaptadas as súas capacidades e valoramos as súas opinións, o seu traballo e conduta. Podemos usar medidas como:
- Reforzo positivo
- Externalizar o tempo
- Acordar normas claras e concretas
- Reforzo da motivación
- Anticipación de consecuencias (avisar do que vai pasar, deixalo elexir)
- Adaptar contidos
- Fragmentar tarefas
- Planificación e organización do traballo (axenda escolar)
- Secuenciar exercicios e exames (uso de pautas ou guións)
- Proporcionarlle feedback das realizacións, destacando o ben feito
NOTAS SOBRE O TDAH (1ª parte)
Nesta entrada queremos darvos, alumnos/as, pais/nais, mestres/as e profesores/as; unha primeira aproximación sobre algo do que todo mundo fala pero que as veces non se entende ben.
DEFINICIÓN
O TDAH, trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade, é un trastorno de orixe neurobiolóxico crónico que se manifesta na infancia e evoluciona coa idade, estando mediatizado polo medio. Caracterízase pola presenza de tres síntomas típicos:
• Déficit de atención.
• Impulsividade
• Hiperactividade motora e/ou vocal.
Cada neno manifesta todos ou algún destes síntomas cunha intensidade propia, polo que non hai dous alumnos/as con TDAH iguais. Os síntomas e os comportamentos derivados interfiren, trastornan, a vida familiar, a escola e o seu contorno.
TIPOS
Diferenciamos tres tipos de trastorno dentro do TDAH:
1. TDAH predominante inatento: denominado TDA (non escoita cando se lle fala, cústalle iniciar os traballos, olvida as cousas, distráese con calquer estímulo, pasivo, non anota os deberes, desorganizado e o seu ritmo de aprendizaxe é lento).
2. TDAH predominante hiperactivo-impulsivo: denominado TH (móvese dun lugar o outro en momentos inapropiados, move mans e pes en exceso, balancease e érguese a miúdo do asento. Interrompe conversacións e actividades, fala en exceso, responde de xeito precipitado. Comportamento molesto, con agresividade cando se frustra.
3. TDAH combinado: Cando presenta síntomas atencionais e hiperactivos-impulsivos.
CAUSAS
Aínda que se descoñecen as causas específicas, os estudos xenéticos es as técnicas de diagnóstico por imaxes consideran a orixe do TDAH nunha disfunción do córtex prefontal, encargada da función executiva e a autorregulación das emocións. Neste síndrome interrelacionan factores xenéticos e neurobiolóxicos con factores ambientais.
Os estudos demostran que o TDAH ten unha base xenética con moitos xenes implicados, cunha herdanza dun 60%. As alteracións cognitivas e conductuais son causadas polo desequilibrio de neurotransmisores (dopamina, noradrenalina y adrenalina) nesta área cerebral. Tamén se observan unha diminución do volume cerebral e da maduración cerebral.
O TDAH afecta a un 3-7% dos nenos/adolescentes. No Morrazo a porcentaxe alcanza un 5%.
CONSECUENCIAS
Os nenos/as con TDAH teñen dificultades co seu sistema executivo cerebral, concretamente coa súa “intelixencia executiva”, entendida como a intelixencia que organiza as outras intelixencias e ten como obxecto dirixir a acción mental ou física aproveitando os recursos cognitivos e emocionais propios e do medio.
A disfunción do control executivo afecta a memoria de traballo, ao inicio de tarefas monótonas, a flexibilidade para cambiar de estratexia, a priorizar a información relevante, a planificación, a monitorización das execucións e o control emocional.
DIAGNÓSTICO
O diagnóstico do TDAH é exclusivamente médico e debe estar sustentado na presenza dos síntomas característicos e a súa repercusión. Polo tanto consiste na recopilación de información sobre o comportamento do neno/a a seus pais, mestres ou profesores sobre o seu comportamento e rendemento e comparalo co doutros nenos da súa mesma idade, e do mesmo neno/a.
O procedemento axeitado consiste nunha valoración psicolóxica (establecer capacidades e limitacións), unha valoración médica (descartar ou confirmar enfermidades que puideran explicar os síntomas) e unha valoración psicopedagóxica (analizar a presencia ou non de fracaso escolar).
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


