martes, 12 de maio de 2020

TÉCNICAS DE AUTOCONTROL E RELAXACIÓN



Hoxe traémosvos unha serie de estratexias que podedes utilizar ante unha situación de ansiedade nos nenos e nenas. Esperamos que vos sexan de axuda.

- Bote da calma: Podedes preparar un bote da calma e colocalo nun lugar visible para utilizalo cando sexa necesario. Ó axitalo, podemos observar como os elementos se moven e volven pouco a pouco ó fondo do bote. É moi relaxante observar este proceso. Aquí tedes un enlace onde se explica paso a paso como se pode realizar:


- Técnica do globo: Consiste en imaxinar que somos un globo e inspirar profundamente enchendo os pulmóns de aire, para logo exhalar ese aire moi despaciño. É conveniente repetir o exercicio varias veces. Outra opción é tumbarnos nunha esterilla e colocar un obxecto na nosa barriga (por exemplo, un barquiño de papel), respiramos lentamente e observamos como o barco sube e baixa.

- Técnica da tartaruga: A través deste conto, os nenos e nenas poden lembrar os pasos que segue este animal e imitalos para controlar os seus impulsos.  Compartimos con vos un esquema:




- Técnicas de relaxación:







Ningún comentario:

Publicar un comentario