QUE É A CREATIVIDADE?
A miúdo confundimos ser creativo con ter talento artístico e son cousas distintas aínda que relacionadas. Unha persoa creativa pode selo en ámbitos de diversa índole, un deles o artístico. Pero a definición de "ser creativo" pasa por atopar solucións novas e genuinas a problemas que aínda non teñen resposta. Non son só problemas matemáticos, senón a solución a como arranxar un xoguete ou como dar unha mala noticia a mamá sen que se enfade. Isto último adoitamos chamalo "manipulación" de forma inxusta. O único que fai o neno é buscar de forma creativa unha resposta útil.
QUE PAPEL XOGA NOS PERFÍS DE ALTAS CAPACIDADES?
O talento artístico pode ser un dos talentos dun neno con altas capacidades, ata pode ser un talento único. Os nenos con altas capacidades poden adscribirse ao concepto talento único si destacan nun área moi precisa do coñecemento, talento complexo si destaca en varias e superdotado si destaca en todas as áreas. E si, todos son creativos e este é un dos signos que os delatan. Pero si buscamos só talento artístico, estaremos perdendo outros moitos creativos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario