Amosando publicacións coa etiqueta NORMAS E CONDUTA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NORMAS E CONDUTA. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2020

Xogo para o DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe é unha data sinalada, celebramos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, como xa sabedes, dende o colexio temos en marcha diversos programas relacionados coa reciclaxe e o coidado da nosa contorna, ademáis, o cole forma parte das ESCOLAS UNESCO, centrándose no seu obxetivo número 13 na ACCIÓN POLO CLIMA.
Por isto, aquí vos deixamos un xogo moi popular como é a oca pero adaptado a este día tan especial, con el poderemos aprender vocabulario relacionado coa reciclaxe, co coidado da natureza e factores que inflúen nela. 
Por outra banda, aprenderemos a aumentar a tolerancia á frustración, aceptar e obedecer as normas do xogo, as quendas e o respecto cara un mesmo e cara os compañeiros.

Facede unhas fichas con algún papel que teñades pola casa e pintádeas de cores difentes, collede un dado doutro xogo ou facédeo tamén e... A XOGAR!!

🌼 🌷 🍃 🌱 🐶 🐟 🐌 


luns, 27 de abril de 2020

PAUTAS PARA SAÍR Á RÚA

Despois de moitos días na casa, os nenos e nenas por fin poden saír a dar un paseo e xogar 😀

É moi importante que o fagan con precaución e adoptando as condutas axeitadas, por iso, dende o EQUIPO de ORIENTACIÓN queremos compartir con vós uns recursos que vos poden ser de axuda nestes momentos. 

Antes cabe sinalar uns ASPECTOS IMPORTANTES a ter en conta:



🠞 ANTES DA SAÍDA
  • Anticipar:
  1. O momento do día no que van saír.
  2. Con quen irán.
  3. Percorrido que farán.

🠞 DURANTE A SAÍDA
  1. Mostrarse de exemplo con actitudes adecuadas.
  2. Observar as dificultades na saída (se tocou cousas, se o percorrido non foi do seu agrado...)
  3. Podedes utilizar estes materiais TEACH como apoio, para ensinarllos se é necesario. 

🠞 DESPOIS DA SAÍDA
  1. Tratar de modificar aspectos ou dificultades que xurdiron para a próxima saída. 
Estes son os recursos que podedes utilizar para explicarlles as normas :






martes, 31 de marzo de 2020

luns, 30 de marzo de 2020

TRABALLAMOS A CONDUTA

AS NORMAS E PAUTAS CONDUTUAIS, traballámolo  diariamente no colexio, transversalmente en todos os momentos do día, polo que é moi importante que continuedes traballando a CONDUTA SOCIAL no ámbito familiar para que sexa efectiva.

Hoxe, queremos proporcionarvos para quen o precise, unha reproducción dos paneis pictográficos que utilizamos no colexio para traballar as NORMAS.

Estes paneis favorecen a ACCESIBILIDADE COGNITIVA, polo que son moi útiles para traballar tanto con nen@s de cursos baixos, coma @s que teñen Necesidades Específicas de Apoio Educativo.







Cada vez, que queremos traballar unha conduta, complementamos a palabra usando o pictograma correspondente (no cole soen estar pegados con velcro e podemos manipulalos).

CONDUTAS POSITIVAS:

Se a conduta que queremos realizar é das que están BEN, reforzamos SEMPRE POSITIVAMENTE (soemos utilizar as palmas acompañádoas con "ben" ou "moi ben")

por pouco que sexa é un comezo!

Isto é un traballo de fondo, non se conseguen resultados dun día para outro, pero a vase de perseverar e traballar, imos conseguindo avances 👌

CONDUTAS NEGATIVAS:

Cando traballamos as cousas que ESTÁN MAL ou non se deben facer, sempre non apoiamos nos dous paneis no POSITIVO e no NEGATIVO.

1º Identificamos que conduta estamos facendo MAL e vamos o panel no que se encontra.

2º Imos o panel VERDE e buscamos a conduta adecuada e a realizamos.

Despois de haber reconducido a conduta sempre facemos un REFORZO POSITIVO!

Todas estas posibilidades de traballar as NORMAS con pictos, SEMPRE van acompañadas da PALABRA (diálogo, explicación...), son un complemento que nos axuda a entender a información da maneira máis clara.

En resumo, traballar a CONDUTA dos nosos nen@s é MOI IMPORTANTE, espero que este POST vos axude a que sexan máis levadeiros estes días de locura na casa.

Se alguén necesita que lle facilite os pictogramas en PDF para imprimilos e traballar con eles podedes contactar con nós por EMAIL.