luns, 30 de marzo de 2020

TRABALLAMOS A CONDUTA

AS NORMAS E PAUTAS CONDUTUAIS, traballámolo  diariamente no colexio, transversalmente en todos os momentos do día, polo que é moi importante que continuedes traballando a CONDUTA SOCIAL no ámbito familiar para que sexa efectiva.

Hoxe, queremos proporcionarvos para quen o precise, unha reproducción dos paneis pictográficos que utilizamos no colexio para traballar as NORMAS.

Estes paneis favorecen a ACCESIBILIDADE COGNITIVA, polo que son moi útiles para traballar tanto con nen@s de cursos baixos, coma @s que teñen Necesidades Específicas de Apoio Educativo.







Cada vez, que queremos traballar unha conduta, complementamos a palabra usando o pictograma correspondente (no cole soen estar pegados con velcro e podemos manipulalos).

CONDUTAS POSITIVAS:

Se a conduta que queremos realizar é das que están BEN, reforzamos SEMPRE POSITIVAMENTE (soemos utilizar as palmas acompañádoas con "ben" ou "moi ben")

por pouco que sexa é un comezo!

Isto é un traballo de fondo, non se conseguen resultados dun día para outro, pero a vase de perseverar e traballar, imos conseguindo avances 👌

CONDUTAS NEGATIVAS:

Cando traballamos as cousas que ESTÁN MAL ou non se deben facer, sempre non apoiamos nos dous paneis no POSITIVO e no NEGATIVO.

1º Identificamos que conduta estamos facendo MAL e vamos o panel no que se encontra.

2º Imos o panel VERDE e buscamos a conduta adecuada e a realizamos.

Despois de haber reconducido a conduta sempre facemos un REFORZO POSITIVO!

Todas estas posibilidades de traballar as NORMAS con pictos, SEMPRE van acompañadas da PALABRA (diálogo, explicación...), son un complemento que nos axuda a entender a información da maneira máis clara.

En resumo, traballar a CONDUTA dos nosos nen@s é MOI IMPORTANTE, espero que este POST vos axude a que sexan máis levadeiros estes días de locura na casa.

Se alguén necesita que lle facilite os pictogramas en PDF para imprimilos e traballar con eles podedes contactar con nós por EMAIL.


Ningún comentario:

Publicar un comentario