sábado, 28 de marzo de 2020

NOTAS SOBRE O TDAH (2ª parte)


TRATAMENTO

O tratamento que amosou maior efectividade é o multimodal, que consiste en combinar:

  • Tratamento psicolóxico dirixido a pais/nais, profesores e nenos/as. Proporcionar información, estratexias manexo conduta, mellora de relación e aumento de autocontrol.
  • Tratamento farmacolóxico para remitir os síntomas básicos, facilitando co tempo o correcto desenvolvemento intelectual, social e familiar.
  • Tratamento psicopedagóxico para mellorar as habilidades académicas e o comportamento.

TRASTORNOS ASOCIADOS

A maioría dos nenos con TDAH presentarán un  ou varios trastornos engadidos ao longo do tempo (comorbilidade). Estes trastornos manifestaranse en maior medida se non se segue correctamente o tratamento. Os trastornos asociados ao TDAH son os seguintes:

1. Trastorno de aprendizaxe
2. Trastorno oposicionista o negativismo desafiante
3. Trastorno disocial
4. Trastorno obsesivo compulsivo
5. Ansiedade
6. Depresión

NECESIDADES

Os alumnos/as con TDAH precisan que os profesores se adapten ao funcionamento do seu cerebro e as súas capacidades e que lles axuden a desenvolver a súa intelixencia executiva tendendo pontes coas experiencias escolares. Os profesores como control executivo “externo”.

Teñen problemas de iniciación, de memoria de traballo, de inhibición (perden o fío, interrompen), de cambio (non aceptan correccións, enfados), de planificación e organización, de conciencia dos erros (pensan que sempre o fan ben) e temporais (viven no presente e non aprenden do pasado)

ESTRATEXIAS

O obxectivo é axudalos a ser autónomos e responsables, reflexivos e asertivos, que sexan proactivos e que se coñezan a si mesmos (puntos fortes e febles). Partimos de tarefas sinxelas, adaptadas as súas capacidades e valoramos as súas opinións, o seu traballo e conduta. Podemos usar medidas como:

- Reforzo positivo
- Externalizar o tempo
- Acordar normas claras e concretas
- Reforzo da motivación
- Anticipación de consecuencias (avisar do que vai pasar, deixalo elexir)
- Adaptar contidos
- Fragmentar tarefas
- Planificación  e organización do traballo (axenda escolar)
- Secuenciar exercicios e exames (uso de pautas ou guións)
- Proporcionarlle feedback das realizacións, destacando o ben feito




Ningún comentario:

Publicar un comentario