Amosando publicacións coa etiqueta RAZOAMENTO MATEMATICO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAZOAMENTO MATEMATICO. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

Problemas de lóxica

Nesta entrada deixámosvos uns problemas de lóxica matemática, habilidade e capacidade relacionada coa forma abstracta de ver os números e cantidades e poder realizar operacións con elas. Logrando as competencias do razoamento lóxico matemático conseguiremos:
  • Coñecer técnicas para resolver problemas que sexan útiles na vida diaria.
  • Desenvolvemento da creatividade e curiosidade, iniciativa e investigación empregando o tanteo e a reflexión.
  • Relacionar os coñecementos que adquiriu en matemáticas con operacións e problemas de lóxica e razoamento.
  • Adquisición da competencia empregando o desenvolvemento cognitivo do razoamento lóxico matemático.
  • Uso do xogo para a motivación.
  • Dominar e practicar métodos para a resolución de problemas
  • Aplicar modelos gráficos para a comprensión do problema matemático e a súa resolución.
  • Estimular e desenvolver o pensamento lóxico matemático.

Actividades:

















martes, 9 de xuño de 2020

Series

Hoxe deixámosvos unhas actividades para traballar o razoamento lóxico e a atención, a través de seriación de obxectos, figuras ou números, nas que falta algún elemento que se deberá encher, adiviñando a orde que correspondería e que se averigua buscando a relación existente entre os elementos dados.








                                                                        Adiviña que número é cada animal.

xoves, 4 de xuño de 2020

Traballar o conteo con pictogramas.

Para traballar o conteo do 1 ao 10 dunha maneira máis sinxela deixámosvos este material no que terán que contar os animais de cada recadro e poñer a cantidade correspondente na parte inferior, pode facerse de maneira escrita ou recortando e pegando o número correspondente.







mércores, 20 de maio de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS CON PICTOGRAMAS


Deixámosvos por aquí unha plantilla moi visual con pictogramas para que vos sexa máis doado a resolución de problemas matemáticos.

Pincha nela para vela en tamaño máis grande:

martes, 28 de abril de 2020

APRENDER A SUMAR


A SUMA CON LEVADAS

Este apartado vai dedicado a aqueles alumnos e alumnas os que as sumas con levadas lles causan tantos problemas. 



Ó realizar unha suma comenzamos sumando as unidades. Se ao sumalas o resultado fora dunha soa cifra (é dicir, de 0 a 9) escribimos o resultado e pasamos a sumar as decenas.
Pero, e si ó sumar as unidades o resultado fora de dúas cifras (é dicir, 10 ou superior?)
Entonces escribimos no resultado so a cifra da dereita e a da esquerda añadímola á columna das decenas:

Matemáticas cuarto de primaria Matemáticas cuarto de primaria

Como a suma das unidades é igual a 13 (ten dúas cifras), coloco a cifra da dereita(3) no resultado e a da esquerda (1) súmoa á columna das decenas.
E seguimos sumando:

Matemáticas cuarto de primaria Matemáticas cuarto de primaria
Isto tamén pode ocorrer na columna das decenas (ou das centenas, ou das unidades de millar...). Pero sempre operamos da mesma maneira:

Matemáticas cuarto de primaria Matemáticas cuarto de primaria

Como a suma das decenas é igual a 15 (ten dúas cifras), coloco a cifra da dereita (5) no resultado e a da esquerda (1) súmoa á columna das centenas.
E seguimos sumando:
Matemáticas cuarto de primaria Matemáticas cuarto de primaria

A continuación un vídeo explicativo:


PROBA DA SUMA
Suma: 


Comprobación: 

APRENDER A RESTAR

A RESTA CON LEVADAS

Este apartado vai dedicado a aqueles alumnos e alumnas os que as restas con levadas lles causan tantos problemas. 

Os términos da resta son: minuendo, sustraendo e diferencia (o resultado).

matematicas

A continuación un vídeo onde se explica moi ben como facer cando o minuendo é menor que o sustraendo:


A PROBA DA RESTA 

Para comprobar se o resultado dunha resta é correcto:
matematicas
Aplicamos a proba da resta que di:
Sustraendo + Diferencia = Minuendo

Vamos a comprobalo:
matematicas
Vemos que se cumple, polo que a resta está ben resolta!!!!! :)



APRENDER A DIVIDIR

A DIVISIÓN

Ola! 

Hoxe traémosvos uns vídeos moi interesantes sobre as divisións.

En primeiro lugar, que é dividir?


En segundo lugar, a división de unha cifra.


En terceiro lugar, a división de dúas cifras.


En cuarto lugar, a división de tres cifras.


E por último, a proba da división.




Esperamos que vos sirva de axuda!



Un saúdo a todos! :)







venres, 27 de marzo de 2020

TRUCO DE MAXIA PARA MULTIPLICAR

Ola a tod@s! 


Con esta entrada traémosvos un novo método para todos aqueles nenos e nenas que teñen dificultades coas táboas.

Ensinar a multiplicar aos nenos e nenas pode ser complicado e levar bastante tempo. Con todo, este método para multiplicar coas mans é sinxelo e unha vez que se entende, é moi fácil de aprender e de recordar:




QUERES SABER MÁIS?

Esta práctica utilizábase ampliamente na Idade Media e puido ter a súa orixe na Antiga Roma. O seu uso mantívose ata a época recente en diferentes lugares do mundo. Por exemplo, polos campesiños franceses, rumanos ou rusos, pero tamén en lugares máis afastados, como Palestina ou Siria. En Estados Unidos coñécese como multiplicación cajún, cuxo nome deriva dos cajunes, un grupo étnico de Luisiana, descendentes de franceses, formado por máis dun millón de persoas, coa súa propia lingua e cultura, e que utilizaban este sistema de multiplicación.

Esperamos que vos guste e vos sexa moi útil!

Un saúdo de parte de todo o Equipo de Orientación.



luns, 23 de marzo de 2020

AUTOINSTRUCIÓNS: PROBLEMAS MATEMÁTICOS


AUTOINSTRUCIÓNS:

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

(suma-resta-multiplicación-división)


 Que me di o problema?
     
     Que me conta?
     Que datos teño?
     A que teño que responder?




Debuxo e poño os datos numéricos
       
      (Lembra que como moito só podes escribir unha palabra, está prohibido escribir máis)








Que me preguntan?















Lembro que operacións teño que realizar
















Elixo a axeitada e penso



Xa podo resolvelo.

         Realizo o problema
  O resultado é posible
  Responde á pregunta