venres, 27 de marzo de 2020

TRUCO DE MAXIA PARA MULTIPLICAR

Ola a tod@s! 


Con esta entrada traémosvos un novo método para todos aqueles nenos e nenas que teñen dificultades coas táboas.

Ensinar a multiplicar aos nenos e nenas pode ser complicado e levar bastante tempo. Con todo, este método para multiplicar coas mans é sinxelo e unha vez que se entende, é moi fácil de aprender e de recordar:




QUERES SABER MÁIS?

Esta práctica utilizábase ampliamente na Idade Media e puido ter a súa orixe na Antiga Roma. O seu uso mantívose ata a época recente en diferentes lugares do mundo. Por exemplo, polos campesiños franceses, rumanos ou rusos, pero tamén en lugares máis afastados, como Palestina ou Siria. En Estados Unidos coñécese como multiplicación cajún, cuxo nome deriva dos cajunes, un grupo étnico de Luisiana, descendentes de franceses, formado por máis dun millón de persoas, coa súa propia lingua e cultura, e que utilizaban este sistema de multiplicación.

Esperamos que vos guste e vos sexa moi útil!

Un saúdo de parte de todo o Equipo de Orientación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario