mércores, 25 de marzo de 2020

ELABORACIÓN DE ESQUEMAS 

1) PAUTAS XERAIS PARA A SÚA ELABORACIÓN. 

Antes de comezar, é preciso LER E SUBRAIAR O TEMA que imos estudar. Unha vez feito isto, debemos: 
  • Poñer un TÍTULO. 
  • Pensar no espazo que imos empregar ou que temos dispoñible, intentando que sexa o máis breve posible: un folio ou unha carilla, por exemplo 
  • ORDENAR e clasificar a información.  
  • Reflexar as IDEAS PRINCIPAIS: con frases curtas e empregando as palabras clave do tema, destacándoas con cores, numeracións ou símbolos 
2) TIPOS DE ESQUEMA. 

Dependendo do tema de estudo, podemos escoller entre diferentes esquemas.  

  
 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario