venres, 5 de xuño de 2020

Xogo para o DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe é unha data sinalada, celebramos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, como xa sabedes, dende o colexio temos en marcha diversos programas relacionados coa reciclaxe e o coidado da nosa contorna, ademáis, o cole forma parte das ESCOLAS UNESCO, centrándose no seu obxetivo número 13 na ACCIÓN POLO CLIMA.
Por isto, aquí vos deixamos un xogo moi popular como é a oca pero adaptado a este día tan especial, con el poderemos aprender vocabulario relacionado coa reciclaxe, co coidado da natureza e factores que inflúen nela. 
Por outra banda, aprenderemos a aumentar a tolerancia á frustración, aceptar e obedecer as normas do xogo, as quendas e o respecto cara un mesmo e cara os compañeiros.

Facede unhas fichas con algún papel que teñades pola casa e pintádeas de cores difentes, collede un dado doutro xogo ou facédeo tamén e... A XOGAR!!

🌼 🌷 🍃 🌱 🐶 🐟 🐌 


Ningún comentario:

Publicar un comentario