luns, 8 de xuño de 2020

Adiviñanzas

Hoxe deixámosvos unha serie de adiviñas, estas son excelentes para estimular o pensamento abstracto, a aprendizaxe e a intelixencia infantil. Por outra banda, axuda a mellorar a linguaxe e a capacidade de resolver problemas. Segundo diferentes estudos, desvelouse que os nenos que xogan ás adiviñanzas adoitan ser máis extrovertidos, desenvolven mellores habilidades de lectoescritura e teñen un maior rendemento académico nas materias de letras.

As adiviñanzas tamén son un bo exercicio para potenciar a memoria, sobre todo os máis sinxelos que poden lembrar con facilidade para contarllas aos seus amigos no colexio. Isto débese a que este xogo activa diferentes circuítos cerebrais, especialmente a área  prefrontal da cabeza e o hipocampo, dúas rexións do cerebro que participan no desenvolvemento do pensamento e da linguaxe, a decodificación de conceptos e a fixación da memoria.

Todo vantaxes, non si? Imos alá!! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario