Despois de moitos días na casa, os nenos e nenas por fin poden saír a dar un paseo e xogar 😀
É moi importante que o fagan con precaución e adoptando as condutas axeitadas, por iso, dende o EQUIPO de ORIENTACIÓN queremos compartir con vós uns recursos que vos poden ser de axuda nestes momentos.
Antes cabe sinalar uns ASPECTOS IMPORTANTES a ter en conta:
🠞 ANTES DA SAÍDA
- Anticipar:
- O momento do día no que van saír.
- Con quen irán.
- Percorrido que farán.
🠞 DURANTE A SAÍDA
- Mostrarse de exemplo con actitudes adecuadas.
- Observar as dificultades na saída (se tocou cousas, se o percorrido non foi do seu agrado...)
- Podedes utilizar estes materiais TEACH como apoio, para ensinarllos se é necesario.
🠞 DESPOIS DA SAÍDA
- Tratar de modificar aspectos ou dificultades que xurdiron para a próxima saída.
Estes son os recursos que podedes utilizar para explicarlles as normas :
Ningún comentario:
Publicar un comentario