luns, 27 de abril de 2020

APPS PARA TRABALLAR A LECTURA E A ESCRITURA


Dislexia: apps para traballar a lectura e a escritura

Galexia

App Gratuíta dirixida a nenos/as a partir de 6 anos.
O/a teu/túa fillo/a atopará un mundo fantástico que lle levará a viaxar por diferentes galaxias xuntos ao seu amigo extraterrestre. Unha viaxe chea de Quebracabezas, enigmas e pasatempos co obxectivo de mellorar a súa fluidez lectora e estimular o seu desenvolvemento.
Trátase dun programa de intervención individualizado e adaptado ao ritmo de cada participante, estruturado e secuencial (parte da lectura de sílabas, palabras e, finalmente, textos) que utiliza a lectura repetida e a lectura acelerada como métodos efectivos para a intervención e mellora da fluidez lectora en dislexia.
Compleméntase con actividades de reforzo fonológicas, de regras de correspondencia grafema-fonema e dos patróns ortográficos, ademais de actividades de comprensión. Esta App pode descargarse desde Google Play Store.

Palabras dominou Free


É un Xogo de sílabas para nenos/as e maiores desde os 6 anos.
Consiste en formar palabras coas sílabas propostas. Cada palabra pertencerá a unha categoría, dándoche así unha pista. Traballarán vocabulario, lectura e a axilidade coas sílabas.
Este xogo mellora tamén a organización e a exploración visual. Ten 3 niveis de dificultade con máis de 600 palabras.
Máis de 350 palabras distintas que se atopan entre 20 categorías: animais, árbores, froitas, verduras, mobles, instrumentos musicais … Ademais do seguimento dos mellores resultados.
App dispoñible para Android.



Sopa de sílabas

App gratuíta para nenos/as de 9 -11 anos.
Esta aplicación dará unha lista coas palabras que debemos buscar na sopa.
Tendo varios niveis de dificultade a medida que avanza. Utiliza palabras de diferente lonxitude desde 2 a 6 sílabas.
Nesta ocasión as palabras son frecuentes e infrecuentes o que sacará da zona de confort ao teu/túa fillo/a, traballando así o seu léxico.
A versión gratuíta chega ata o nivel 4 e completa inclúe 27 niveis a unha presión de 3.49 euros.
Esta App pode descargarse desde App Store de IOS.



Visual Attention Therapy Lite


App Gratuíta para nenos/as a partir de 4 anos.

Centrada en mellorar a lectura a partir de actividades de concentración, recoñecemento de conceptos, memoria, atención e velocidade…
Con diferentes niveis de dificultade traballará tanto a nivel de símbolos como letras.
Esta aplicación é unha pequena mostra gratuíta, está en inglés, pero é tan intuitiva que non será un impedimento. A versión completa costa 10.99 euros.
Esta App pode descargarse desde App Store de IOS.

Le paso a paso free 1 e 2 – Os meus primeiros exercicios  para ler en castelán

Aplicación dirixida a nenos/as de entre 6 e 8 anos.
Os/as teus/túas fillos/as traballarán a aprendizaxe dos sons das vocais e identificando sílabas para formar palabras. Cunha temática espacial os nenos poderán ir adquirindo habilidades necesarias de lectura.
Obterán premios a través dos tres niveles Paso a paso, práctica e experto.
Esta aplicación compleméntase con: Le paso a paso 2 Free – Exercicios para aprender a ler en castelán. Este xogo reforzará a aprendizaxe da lectoescritura. Inclúe 220 imaxes e 880 palabras.
O/a teu/túa fillo/a poderá decidir o estilo de letra a traballar, continuará con tarefas de identificación de sílabas para formar palabras, discriminación auditiva, cálculo de sílabas, asociación de palabras co seu debuxo e completar palabras con sílabas que faltan.
Cada aplicación pode descargarse de maneira gratuíta e en versión completa por 3.49 cada unha.
Estas aplicacións poden descargarse desde Apps Store para IOS.

Pequenos lectores


Recomendada para nenos a partir dos 5 anos de idade.
Reforza a lectura global das palabras.
Dispón de 200 imaxes de gran calidade e 900 exercicios distintos.
Traballa desde letras,sílabas e palabras reforzando as regras de conversión fonema-grafema e a discriminación visual con palabras de uso frecuente para os nenos.
Con esta app reforzarán vocabulario. 

Gratuita.



DytectiveU

Atópase dispoñible para nenos/as a partir de 5 anos de idade.
Trátase dunha ferramenta de apoio á dislexia validada científicamente e que incorpora máis de 35.000 exercicios lingüísticos que apoian 24 habilidades cognitivas: competencias lingüísticas, memoria de traballo e funcións executivas, entre outras.
Reúne máis de 6.000 exercicios e está dispoñible nas plataformas iOs, Android e web para que poida utilizarse tanto en ordenadores Windows e Mac como tabletas e smartphones. 
DytectiveU é un videoxogo que adapta cada unha das súas actividades aos/as estudantes para que melloren o seu nivel de lectura, escritura e comprensión de texto de maneira personalizada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario