Asperger Carlos. Educación
Especial.
Na miña clase había una rapaza con
necesidades especiais. E…Bueno, era unha máis. A profesora integrouna tan ben, que
aprendemos en valores, para axudala, para coidala. Todo foi tan enriquecedor
que en ningún momento pensei que me puidese perxudicar ou que fose máis lento,
para nada, era todo o contrario.
Anos
mais tarde descubrín que a miña compañeira tiña o síndrome de Asperger, non era una enfermidade, senón
un trastorno, tanto de comunicación social como de flexibilidade no seu
comportamento. Agora entendo, que en ocasións, non comprendía as nosas bromas,
chistes ou sarcasmos. Parecía ausente. Iso sí, cando un tema despertaba o seu
interés, tiña unha habilidade extraordinaria
para desenrolar a actividade dunha maneira tan imaxinativa que a su voz quedaba
acompañada do silencio de todos.
Todo foi moi sinxelo, porque a nosa profesora fíxonos reflexionar.
Utilizar unha linguaxe sinxela e
concreta, sin dobre sentido, dixera. Comprender e respetar a importancia das súas
rutinas, pois iso, dalle seguridade. O
seu comportamento non é caprichoso só reflicte unha forma distinta de desenvolverse.
Aínda recordo todas aquelas palabras, en realidade, dicían de non impoñer únicamente o noso
criterio ou a nosa maneira de mirar as
cousas.
Agora
escoito que figuras como Einstein, Bill Gates.....eran Asperger, quen sabe si
algún día a verei na televisión agradecendo o labor daquella profesora.
Asperger
era só unha etiqueta, a educación inclusiva ensina a rapazas e rapaces dende a
diferenza, todos sumamos, que bonito é aprender cos demáis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario