xoves, 14 de maio de 2020

ARTICULAR O FONEMA /R/


ARTICULAR O FONEMA: /R/
TRATAMENTO DO ROTACISMO E EXERCICIOS






O fonema / r/ é alveolar, é dicir, pronúnciase colocando a lingua nos alvéolos que é a zona que está xusto encima dos dentes, do mesmo xeito que outros fonemas como / l/, / n/ ou / s/. A diferenza entre estes e o son / r/ é que non só necesita apoiar a lingua nesta zona en concreto, senón que ademais require da vibración da lingua como é no caso da / r múltiple/ para palabras como ‘can’ ou ‘roca’. Para conseguir esta vibración da lingua hai que coordinar o punto de articulación e o sopro.

Por iso, o primeiro paso para a adquisición da / r/ é traballar a respiración.

EXERCICIOS

Faranse exercicios sinxelos de sopro como pode ser: apagar unha vela,inflar globos, xogar partidos de fútbol movendo pequenas bólas de papel, madeira ou canicas utilizando só o sopro. Pódese traballar tamén con muíños, unha armónica, unha frauta… ou calquera outro instrumento de sopro.

En segundo lugar, traballaremos praxias linguais, son sinxelos exercicios nos que traballamos coa lingua para que adquira un maior ton e o control sobre esta sexa completo.

Moitas veces os nen@s non teñen forza ou non son capaces de manter a lingua nun mesmo cerco o tempo suficiente e é por iso que se lles escapa e o son non se realiza de maneira correcta.

Son actividades que se poden realizar por exemplo durante o cepillado de dentes, diante dun espello ou en calquera outra situación que estimule este tipo de exercicios.

Algúns deles son: colocar a lingua arriba e abaixo por fóra da boca, aos lados da boca, tanto por dentro como por fóra, facer xiros ao redor dos dentes e ao redor dos beizos, primeiro nun sentido e logo no contrario.

Outro exercicio importante para solucionar o rotacismo é lograr chasquear a lingua, normalmente indícaselles que van simular os pasos de cabalo.

Con este exercicio tan sinxelo, podemos comprobar que a lingua é capaz de apoiarse no padal da boca e que ten forza para apoiala e mantela.






Aos poucos iremos introducindo exercicios de repetición de palabras co fonema, de máis a menos tamaño, de menor a maior dificultade. Non hai que esixir desde o primeiro momento que a articulación sexa perfecta, senón que debemos de observar que hai que corrixir e aos poucos conseguir que aplique todas as pautas indicadas ata conseguir a correcta articulación.

Podemos empregar diferentes vídeos, fichas, contos específicos ou dos que temos en casa recalcando a palabras que nos atopemos con / r/, os propios libros do colexio, listas de palabras por familias semánticas, é unha maneira de dar un apoio ao neno/a para aumentar o léxico / vocabulario e a lectoescritura.

Ao principio podemos observar que en repetición a articulación está conseguida, pero que logo na súa linguaxe espontánea non o ten xeneralizado, é o máis normal, hai que darlle un tempo para que automatize/automatice e corrixa o mal hábito que tiña adquirido e comece a introducir os novos patróns.

MATERIAIS DE APOIO


































Ningún comentario:

Publicar un comentario