Desenvolvemento da autonomía en nenos con TDAH
Nos nenos con TDAH podemos atopar dificultades para que a organización se leve a cabo ou simplemente exista. Por iso, contar con recordatorios visuais aos que poder acceder como apoio pode ser un elemento relevante para eles e, a través dos cales, poderán adestrarse para mellorar a súa capacidade organizativa.
No plano académico é preciso que os nenos leven a cabo tarefas organizativas, tanto na xestión dos deberes, en organización do material, en secuenciación e planificación de traballos e exames, etc. Por iso, as autoinstruccións pódennos resultar útiles, tanto en tarefas escolares como organizativas do día a día.
Neste caso quero centrarme na súa utilización no plano académico a través de dous exemplos, de forma que pais e profesores poidan basarse neles para extrapolalo ás súas propias situacións.
CASO 1: Un neno que esquece apuntar as tarefas na axenda.
Para estes casos, unha estratexia que podemos empregar é anotar cada día as asignaturas que ten ese día e que o neno indique en cada unha tarefas ou traballos desa asignatura ou mediante unha raia, guión ou o que desexe que non ten nada desa asignatura. Con iso, o neno poderá comprobar dun xeito visual e rápida si queda algunha asignatura dese día que non anotou ou si pola contra está todo apuntado.
Luns.
Matemáticas: pág. 21 ej. 4-5-6
Linguaxe: /
Inglés: page 14 exercises 5-6
E.Física:/
C. Sociais: esquema do Sistema Solar.
CASO 2: Un neno que presenta dificultades á hora de enfrontarse á realización de tarefas fora do centro.
- Miro o que teño que facer na axenda.
- Ordénoas por orde de prioridade.
- Comezo a realizalas tendo en conta un pequeno descanso entre asignaturas.
- Repaso e comprobo que completei todas as tarefas.
- Preparo a mochila para o día seguinte.
Estes son só algúns pequenos exemplos do que podemos facer apoiándonos nas autoinstruccións e que, como indicamos, poden extrapolarse a diferentes ámbitos da vida do neno, non só ao plano curricular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario