luns, 20 de abril de 2020

XOGOS PARA FOMENTAR A LINGUAXE COMPRENSIVA


Actividades lúdicas para fomentar a
LINGUAXE COMPRENSIVA


  • Contar contos e facer preguntas sobre ese conto. 
  • Dar descricións para que adiviñe a que palabras estamos a referirnos (adiviñas ou o xogo do “Vexo-Vexo”)
  • Utilizando láminas ou cartas con distintas categorías de nomes (animais, medios de transporte, obxectos de a cociña, do baño, da clase...), realizar actividades do tipo: 

- Dicir características semellantes que poden ter dúas dunha mesma categoría. 

- Dicir características opostas que poden ter dous obxectos dunha mesma categoría. 
  • Realizar frases do tipo: O xigante é grande e o anano é....; Isto é un...................e serve para......................
  • Exercicios de semellanzas. Ex.: En que se parecen un gato e un rato?
  • Exercicios de contrarios. Ex.: En que se diferencian un gato e un rato? 
  • Xogo de palabras tipo: 

- Dicir palabras que empecen por unha determinada letra ou sílaba.

- Buscar nun debuxo todas as palabras que empecen por unha letra ou sílaba determinada.

  • Dado un nome, dicir de que forma parte (exemplo: asa, forma parte dun vaso).
  • Descubrir disparates en frases que se lle di. 
  • Memorizar poemas e cancións de complexidade cada vez maior.



Ningún comentario:

Publicar un comentario