luns, 20 de abril de 2020

XOGOS DE FOMENTO DA EXPRESIÓN ORAL


Actividades lúdicas para fomentar a EXPRESIÓN ORAL

 • Interpretar, contar contos e cantar cancións. 
Os contos son o material ideal para favorecer a secuenciación e a comprensión da linguaxe a través de imaxes visuais e historias que motivan aos máis pequenos. É moi importante deixar que sexan eles mesmos quen elixa os contos para que aumente a súa motivación cara á actividade e diferéncieno das tarefas curriculares. Coas cancións favorecemos o ritmo, a prosodia e a memoria auditiva, entre outros. 

• Lectura de beizos. 
Un dos participantes articula unha palabra sen voz e o outro mirándolle debe adiviñar a palabra. Con este xogo favorecemos o contacto ocular durante a comunicación e a atención sostida.

• Xogar ao vexo-vexo e ás adiviñas
Estes clásicos xogos son unha boa ferramenta para aumentar o vocabulario, a categorización semántica e as habilidades metalinguísticas.

 • Xogo da oca, parchís, xogos de cartas, etc.
Estes xogos á parte de ser moi lúdicos, fomentan a comprensión e o respecto de quendas durante a interacción comunicativa.

• Xogo das palabras encadeadas
Xogo ideal para favorecer os prerrequisitos da linguaxe escrita tales como a conciencia fonológica e semántica ademais de aumentar a fluidez verbal. 

• Xogos de roles (médicos, tendas, mamas e papas, etc.).
A través destes xogos estimulamos a linguaxe nas súas tres dimensións: forma, contido e uso. 

• Xogos de imitación. 
Facer acenos e xestos diante dun espello e imitando emocións e personaxes pode ser unha actividade moi divertida e adecuada para traballar a musculatura que intervén no fala.

Xogo de categorías
Nomear por quendas palabras de diferentes categorías semánticas (animais, transportes, cores, froitas, etc.) favorece a estruturación do vocabulario para un mellor e rápido acceso ao léxico. 

Á procura do tesouro. 
Con este divertido xogo uno dos participantes esconde un obxecto e a través de pistas e indicacións terá que guiar ao outro para que este último atope o tesouro. Así, favorecemos a planificación e a organización do discurso oral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario