luns, 20 de abril de 2020

ALTAS CAPACIDADES


Pautas para pais e nais de 
nenos con Altas Capacidades

A continuación mostraremos unha serie de pautas a ter en conta se ten vostede un fillo ou unha filla con altas capacidades. É importante resaltar unha vez máis que cada rapaza e rapaz é única e diferente e que, polo tanto, teñen necesidades persoais diferenciais, pero ao mesmo tempo presentan necesidades comúns.

•Aceptar como é ese rapaz ou rapaza, cos seus éxitos e erros.

•Traballar conxuntamente as necesidades cognitivas, sociais e emocionais.

•Afondar no autoconcepto positivo. Coñecer os seus puntos fortes e as súas debilidades.

•Axudarlle a coñecerse a sí mesmo, a que sepa o que é a alta capacidade e as vantaxes e desvantaxes que isto supón.

•Aceptar a súa sede de aprendizaxe, a súa curiosidade, o seu desexo de ampliar algúns temas. Non frear as súas inquedanzas.

•Acadar un equilibrio entre as propias capacidades e desexos propios e as posibilidades e demandas sociais.

•Recoñecer a súa necesidade de mostrar e contribuír co que sabes.

•Estimulación intelectual, creativa... axeitada e constante.

•Ofrecerlle oportunidades para conectar con outras persoas con quen comparta afeccións e intereses.

A continuación, un vídeo moi interesante sobre o tema:




Ningún comentario:

Publicar un comentario