luns, 23 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS: LINGUAXE ORAL



ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL nas nenas e nenos.


• Convén falarlle moito, preguntándolle polos seus gustos, amigos, actividades favoritas, como vai vestido....

• Aproveitar calquera ocasión (a observación das pezas de roupa no armario, os mobles dunha habitación, as cores) para nomealos. Sempre colocándonos a altura dos seus ollos.

• Para aumentar o seu vocabulario, presentaránselle obxectos indicándolle o seu nome. Á súa vez explicaráselle para que sirve, que cor ten, a forma, as súas características. En definitiva, facerlle observar todo o que ten ao redor.

• En canto ao esquema corporal, ensinaránselle as distintas partes do corpo para que o xeneralice nos demais: discriminando a parte esquerda e a dereita.

• Con apoio visual de libros ou fotografías, estimular unha conversa a través do debuxo que apareza, repasando os conceptos básicos: dereita-esquerda, arriba-abaixo, cores, utilidade de cada obxecto ...

• É moi motivante para o neno, contarlle contos curtos, nos que interveñan animais, e eles poidan participar facendo ruídos, bailes, xestos, etc., logo faránselle unha serie de preguntas sinxelas sobre o contido.

• Fágalle aprender o seu nome completo, o da súa familia e o enderezo. Xogar ao vexo-vexo, esconder cousas e logo darlle pistas para que as atope.

• Manifestarlle entusiasmo e alegría cada vez que mostre interese na actividade que está realizando, aínda que non sempre lle saia ben.

• Non debe protexelo demasiado, posto que non deixamos que desenvolva a súa persoalidade ao completo. Polo tanto, hai que darlle autonomía para que se relacione cos demais e participe en distintas actividades.

• Debemos escoitalo atentamente e sempre respostar ás súas preguntas, convertendo a comunicación nun pracer.

• Os nenos aprenden moito por imitación. Por iso, cando fale co seu fillo, fágao a modiño, pronunciando correctamente, sen darlle berros. Nunca debe ignoralo cando queira falar, nin reforzar a expresión defectuosa que nun principio pode acontecer. Fálelle pronunciando claro e ben, mirándolle á cara.

• Realice co seu fillo xogos de sopro: inchar globos, sorber con palliña, pitos, trompetas, soprar velas, imitar ruídos ou sons producidos por animais...

• Premialo cando fale ben, correxilo cando cometa erros, pero no criticalo, ridiculizalo ou comparalo con outros nenos ou irmáns.

 • NON lle diga a seu fillo, mentres fala, que se deteña e comence de novo.

• NON o imite cando fale mal, aínda que lle parezca gracioso.

• "NON debemos responder en lugar do neno. Será mellor que cando lle preguntemos o fagamos de tal xeito que este non poida responder só un ""si"" ou un ""non"", farase por exemplo a pregunta: queres unha pera ou unha manzá? En lugar de: queres unha pera?”.

 • NON recortar os finais de palabras.

• NON hai que falarlle cunha linguaxe infantilizada. O neno emprega esta linguaxe infantil porque atópase neste estadio do proceso de adquisición da linguaxe e se o imitamos estaremos freando o seu proceso evolutivo.

• NON debemos berrarlle nin imitalo, senón soamente repetirllo correctamente.

• Escoite o que o neno diga e respóndalle axeitadamente.

• Todos os días, elixiremos un momento apropiado para a práctica e estímulo da fala.

 • As mostras de agarimo, de amor, de afecto axudan a un mellor desenvolvemento da linguaxe do seu fillo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario