luns, 23 de marzo de 2020

AUTOINSTRUCIÓNS: LECTURA COMPRENSIVA





AUTOINSTRUCIÓNSLECTURA COMPRENSIVA

1. Lerei despaciño se a lectura é difícil.

2. Lerei máis rápido se estou a buscar un dato ou detalle determinado. 

3. Detereime despois de cada fragmento e reflexionarei sobre o que xa lin.

4. Detereime despois de cada fragmento e fareime preguntas sobre o que xa lin.

5. Lerei cada liña dúas ou máis veces se teño que memorizalo, así o lembrarei mellor.

6. Lerei algunhas veces cada parágrafo para entender as palabras máis difíciles.

7. Se a lectura é novaprimeiro farei unha lectura rápida para coñecer de que trata, despois outra máis despacito para comprender.

8. Detereime e fareime preguntas cada catro ou cinco liñas para saber se vou comprendendo o texto.

9. Cando termine de ler todo o texto, de novo fareime preguntas para saber se o comprendín en totalidade.

10. Lerei prestando toda a miña atención, moi concentrado e sen pensar en cousas alleas ao que estou a facer.

11. Lerei un ratiño sen chegar a cansarme e retomareino máis tarde cando descansase.

12. Se me atopo unha palabra complicada e que non coñezo, deletreareina e anotareina para buscala no dicionario ou preguntar o seu significado; unha vez asimilada, continuarei a miña lectura.

13. Lerei todo o tempo que necesite se a lectura cústame un pouco máis, ou aínda non adquirín o hábito de ler con constancia.

14. Detereime e pensarei que vai ocorrer no próximo fragmento dentro da miña lectura, así me implicarei na trama e resultarame todo moito máis emocionante.

Para os pais:

–É necesario adestrar aos nenos/as para que saiban extraer as ideas principais dos textos. Podedes utilizar para este fin calquera lectura na que deban comprender varios contidos,
p. ex. Calquera tema de Coñecemento do Medio.

-Unha vez que terminasen de ler, é necesario facerlles preguntas abertas nas que teñan que contestar varios contidos.

 -É necesario adestrar aos nenos para que as respostas que dean ás preguntas que fagamos non sexan monosilábicasliterais ou coas mesmas palabras do texto. Tentaremos estimulalos para que respondan coas súas propias estruturas gramaticais.

-É necesario ensinalos a ampliar e enriquecer o seu vocabulario aproveitando as palabras que nos brinda o texto. Poderanse buscar sinónimos, antónimos…xogaremos cos significados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario