mércores, 17 de xuño de 2020

CONSELLOS PARA O VERÁN

Este curso está chegando á súa fin, por iso quixemos deixarvos uns consellos para o verán, son moi faciliños de levar a cabo e estamos seguras de que os ides intentar cumprir. 






Unha forte aperta!!

venres, 12 de xuño de 2020

Cancións adaptadas con pictogramas

Aquí van unha selección de cancións adaptadas con pictogramas para facilitar a comprensión das mesmas e facelas máis perceptibles. 


LOS MESES DEL AÑO


DÍAS DE LA SEMANA


                                                                                                                             EL REY LEÓN 


         MILIKI: MI FAMILIA


CANTAJUEGO: A MI BURRO


CANTAJUEGO: ESTOY DURMIENDO


CANTAJUEGO: EN UN VAGÓN 


Desfrutádeas!! 

xoves, 11 de xuño de 2020

Actividades para traballar a dislexia (2ª parte)

Hoxe traemos algunha actividade máis para poder mellorar as dificultades dun neno ou nena con dislexia.


XOGAR CON PLASTILINA: Comezaremos facendo churriños, despois moldearemos arcos e por último colocarémolos segundo a posición das letras nun folio. O obxectivo é diferenciar a posición enriba/debaixo, principal causa pola que se confunden as letras b/p ou u/n.

XOGAR CON PLASTILINA E PAUS PEQUENIÑOS: Seguimos imitando modelos de letras. Esta vez empregamos os paus de cores como elemento motivador. O proceso é similar, pero o obxectivo é distinto: diferenciar posición dereita-esquerda. Dependendo da posición na que coloquemos o arco, constituirá unha letra ou otra. Tamén podemos aplicalo ás letras anteriores.

XOGAR COAS PALABRAS: Non precisamos nada máis que un ambiente tranquilo. Imos a pronunciar unha serie de palabras significativas para o neno ou nena, por exemplo, se estamos no parque: “árbore, tobogán e area” e deberanse repetir na mesma orde.

Con esta actividade estamos aumentando a súa percepción temporal e auditiva, afectada tamén pola dislexia.

 

Para mellorar as dificultades psicomotrices que presentan habitualmente podemos:

MELLORAR O COÑECEMENTO DO ESQUEMA CORPORAL: Debuxando todas as partes do corpo de, por exemplo, o seu boneco favorito, variando a posición dalgunha das súas partes: levantando unha man, unha perna, xirando a cabeza, etc. Sería divertido que a rapaza ou rapaz repetise tamén esa posición.

REFORZAR A SÚA LATERALIDADE: (Esta actividade está moi relacionada coa anterior). Neste caso necesitará a participación de pais, irmáns, etc. que den ordes tipo: man dereita arriba, salta sobre o teu pé esquerdo... e se o facemos bailando e con música será aínda máis divertido.



Coas seguintes actividades imos traballar a conciencia fonolóxica, é decir, habilidade para manipular os sons da linguaxe mentalmente.

O SON DAS PALABRAS: Consiste en pronunciar unha palabra calqueira e preguntar se contén un son. Por exemplo; "a palabra brazo, contén a letra z?".

SÍLABAS: Seguimos xogando coas palabras: agora dividiremos unha palabra en sílabas axudándonos de palmadas: "caderno: ca-der-no".

DERIVAR PALABRAS: Decimos unha palabra primitiva, preferiblemente algo que esteamos a ver, por exemplo, pan; e que diga palabras derivadas: panadaría, paneira, panadeiro, etc.

XOGAR A RIMAR: En palabras soltas “busca unha palabra que rime con casa” tamén se pode facer un verso ou rap, dependendo da idade coa que esteamos a traballar.

 

Como actividade final propoñemos a seguinte, coa que poderemos copartir soños cos nosos pequenos e pequenas.

LECTURA COMPARTIDA: Lectura en voz alta dun conto ou outro tipo de texto antes de dormir, na cama; seremos así o seu modelo lector, o seu apoio e alternaremos a lectura: unha oración ou parágrafo o adulto e outra o menor. 


mércores, 10 de xuño de 2020

Problemas de lóxica

Nesta entrada deixámosvos uns problemas de lóxica matemática, habilidade e capacidade relacionada coa forma abstracta de ver os números e cantidades e poder realizar operacións con elas. Logrando as competencias do razoamento lóxico matemático conseguiremos:
  • Coñecer técnicas para resolver problemas que sexan útiles na vida diaria.
  • Desenvolvemento da creatividade e curiosidade, iniciativa e investigación empregando o tanteo e a reflexión.
  • Relacionar os coñecementos que adquiriu en matemáticas con operacións e problemas de lóxica e razoamento.
  • Adquisición da competencia empregando o desenvolvemento cognitivo do razoamento lóxico matemático.
  • Uso do xogo para a motivación.
  • Dominar e practicar métodos para a resolución de problemas
  • Aplicar modelos gráficos para a comprensión do problema matemático e a súa resolución.
  • Estimular e desenvolver o pensamento lóxico matemático.

Actividades:

















martes, 9 de xuño de 2020

Series

Hoxe deixámosvos unhas actividades para traballar o razoamento lóxico e a atención, a través de seriación de obxectos, figuras ou números, nas que falta algún elemento que se deberá encher, adiviñando a orde que correspondería e que se averigua buscando a relación existente entre os elementos dados.








                                                                        Adiviña que número é cada animal.