xoves, 30 de abril de 2020

ALTAS CAPACIDADES

10 características frecuentes dos alumnos e alumnas con Altas Capacidades Intelectuais

1. Desenvolven a linguaxe de xeito precoz, cara aos 12 ou 18 meses. Empezan pronunciando moitas palabras e enseguida poden manter unha conversación con vocabulario e léxico propio de fases moi posteriores.
2. Tamén adoitan iniciarse en aprendizaxes específicas (lectura, escritura, matemáticas) antes que os seus compañeiros. Aprenden autónomamente e fan transferencias de coñecementos a outras áreas con naturalidade.
3. Son pícaros moi observadores e curiosos.
4. Prematuramente empezan a preocuparse por temas abstractos e trascendentes, como a orixe da vida e o universo, a morte, a relixión, etc.
5. As súas creacións artísticas e construcións poden ser moi ricas e creativas.
6. Teñen unha gran capacidade de concentración sobre todo en tarefas que captan o seu interese. Son persistentes nos seus obxectivos.
7. Neles predomina o pensamento lóxico e a razón.
8. Poden ser hipersensibles e emocionalmente moi intensos. As súas reaccións emocionais son desmesuradas en relación ás situacións vividas.
9. Adoitan ser enérxicos e activos. Poden ser pícaros moi áxiles e trepadores.
10. Tenden a cuestionar calquera autoridade, ben a dos pais ou a dos mestres. Intentan, case sempre, impoñer o seu criterio. Son desobedientes.


Evento: Creatividade | Cultura de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario