xoves, 30 de abril de 2020

ALTAS CAPACIDADES

5 pautas educativas diferentes para as familias con fillos e fillas con Altas Capacidades Intelectuais


1º. É importante que lle ofrezamos unha contorna de amor incondicional e afecto positivo, como ao resto dos fillos; por encima de todo, non esquecer que é un neno, non un adulto, que necesita ser querido, apoiado, guiado e ensinado como calquera outro e que segue tendo necesidades propias da súa idade (incluídas as afectivas e emocionais) aínda que as súas capacidades intelectuais estén máis desenvolvidas.

2º. Exercer a nosa autoridade da mesma forma que cos demais fillos, é dicir, establecendo uns límites, normas e pautas adecuados á súa idade, e facendo que se cumpran, é dicir, sen estar condicionadas e coartados polas súas capacidades. Neste sentido, facerlle responsable e partícipe, do mesmo xeito que o resto, das tarefas do fogar, do seguimiento de horarios e rutinas, hábitos de orde, limpeza e coidado persoal, etc. Non tratalo de forma diferencial e especial con respecto aos irmáns, evitando que se considere superior a eles.

3º. Establecer unha comunicación aberta co noso fillo, escoitándoo, respondendo na medida que podamos ou orientalo a buscar respostas ás súas inquietudes. Unha comunicación que nos permita poder falar con el tamén sobre a súa educación. Potenciar un clima de comunicación e diálogo en toda a familia.

4º. Fomentar o seu autoestima e unha imaxe positiva de si mesmo, evitando calquera tipo de etiqueta ("superdotado", "xenio", etc.) que poida levar presión, prexuízos ou expectativas non realistas ou, pola contra, que se senta superior. Reforzar e recoñecer o seu esforzo e os seus logros e avances con mostras de apoio, premios, recoñecemento ante os demais, de igual xeito que fariamos co resto dos nosos fillos e fillas. Aceptar e comprender cando non destaque en algo, xa que pode haber áreas nas que, ata, esté por baixo da media.

5º. Fomentar o seu desenvolvemento social, facilitando as relacións sociais e de amizade con outros nenos e nenas da súa idade, de todo tipo, a través do xogo e da súa participación en diferentes actividades programadas, como deportes en equipo, música, pintura, talleres, campionatos, asociacións, excursións, etc. É importante que estas actividades respondan aos seus intereses e permítanlle ter tempo libre. Desta forma, axudámolo a desenvolver sentimentos de pertenencia e vínculos de amizade, evitando posibles situacións de illamento.


Conoces la diferencia entre «Creatividad» e «Innovación»? – Dinngo ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario