Condicións para o estudo
O ideal é reservar un lugar fixo para estudar coas seguintes condicións básicas:
➔ Ser un espazo tranquilo e silencioso e correctamente iluminado.
➔ Evitar que na habitación, estudo ou lugar de estudo haxa obxectos que distraian ou molesten.
➔ Ter un escritorio ordenado e con todo o material necesario a man.
➔ O asento debe ser cómodo e correcto, para evitar danar as costas.
Planificación
É importante organizar sesións de estudos diarias, polo menos de luns a venres e dunha duración dunhas 2 horas. Outras recomendacións son:
· Realizar descansos duns 5 minutos cada ¾ de hora de estudo.
· Tratar de estudar sempre á mesma hora, sendo recomendable non facelo inmediatamente despois de comer ou cear.
· Alternar estudo e descanso.
· Distribuír o tempo entre as materias a estudar.
· Antes de empezar a estudar, preparar o material necesario.
Como estudar cada tema?
Unha boa estratexia para estudar os distintos temas das diversas asignaturas sería seguir os seguintes pasos:
1) Prelectura
O primeiro que hai que facer é mirar o título e as preguntas que compoñen o tema, fixándonos especialmente nas fotos, debuxos ou gráficos que aparecen. A continuación, pasamos a realizar unha prelectura rápida e veloz co obxectivo de ver de que trata.
2) Lectura detallada
Unha vez que se coñece de que vai o tema, hai que realizar unha lectura detallada, comprensiva e atenta do mesmo, parándose nos conceptos que sexan máis difíciles e, en caso necesario, axudándose dun dicionario.
3) Subliñado
Trátase dunha técnica que consiste en subliñar as palabras clave ou máis importantes, polo que se trata de remarcar cun rotulador fluorescente as ideas ou datos fundamentais.
4) Resumo
Facer un resumo consistente en escribir os aspectos fundamentais do tema que estamos estudando, de maneira que non falte ningunha idea importante do mesmo. É un exercicio que require de habilidade para sintetizar a máxima información utilizando para iso o menor texto posible.
5) Autocontrol
O último paso de estudo consiste en facerse preguntarse de comprobación para saber si se asimilaron correctamente os conceptos necesarios. Pódese facer de forma mental, utilizando unha grabadora ou contando co apoio dunha terceira persoa.
Para gañar eficacia, é moi recomendable anotar os erros cometidos e os conceptos que che pasaches por alto para saber que é exactamente o que che tes que volver repasar.