luns, 23 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS: DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

RECOMENDACIÓNS PARA PAIS DE NENOS E NENAS CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Consellos Xerais :

1. As regras deben ser claras e breves. O/a seu/súa fillo/a debe saber exactamente o que se espera del/dela.

2. Confíe a seu/súa fillo/a tarefas domésticas. Isto crearalle un sentido de responsabilidade e aumentará a súa autoestima.

3. As listas curtas de tarefas son excelentes para axudar a lembrar a un neno/a.

4. As rutinas son moi importantes para os nenos/as que presenten dificultades de aprendizaxe.

Estableza un horario regular para as comidas, tarefas domésticas, tarefas escolares, práctica deportiva, ocio (xogo,uso das novas tecnoloxías, lectura), levantarse, e ir a durmir.

¡Cumpra a programación!

5. Identifique no que é bó seu/súa fillo/a (en: arte, deporte, música, teatro, matemáticas, ciencia,literatura,informática, etc) e traballe sobre iso.

6. Dígalle o seu fillo/a que o/a quere e que o/a apoiará incondicionalmente.

7. Reforce positivamente o/a seu/súa fillo/a inmediatamente cando o sorprenda portándose ben.

Problemas diarios comúns:


Costa acadar que o/a seu/súa fillo/a esté listo/a para ir o colexio pola mañá:

-Cree unha programación coherente e previsible para erguerse e estar listo/a pola mañá.

-Estableza unha rutina para que o/a seu/súa fillo/a poida predecir a orde 
dos eventos. 
Poña esta rutina por escrito ou en imaxes nun cartel para o/a seu/súa fillo/a.

PROGRAMACIÓN EXEMPLO:

Apágase a alarma Lavarse a cara  Vestirse Almorzar Cepillado de dentes Tomar medicamentos (quen o precise)  Coller o autobús escolar

-¡Eloxie e recompense a seu/súa fillo/a!


Isto motivarao/a para ter éxito. Inclusive se o/a seu/súa fillo/a non consegue realizar con éxito todas as partes da "Rutina da mañán", empregue a alabanza para recompensar a/o seu/súa fillo/a nas que o acade
O progreso a miúdo obtense cunha serie de pequenos pasos.



Se o/a atopa irritable ao final da tarde (efecto secundario habitual dos estimulantes, nenos/as que toman medicación).

Éste soe ser un momento moi estresante para todos os nenos/as en todas as familias, tras a tensión acumulada no traballo e a escola durante todo el día para pais e fillos/as.

-Cree un período de "tempo morto" no que /ao seu/súa fillo/a poida facer actividades calmadas como escoitar música, tomar un baño, practicar ioga, debuxar, ler, etc .

-Como alternativa, deixe que o/a seu/súa fillo/a "solte a enerxía e a tensión extra" facendo un pouco de exercicio físico.

Se perde peso ou non come suficiente (soe ser debido o efecto secundario habitual dos estimulantes nos nenos que toman medicación polo TDAH, é aconsellable comunicarllo o pediatra).

Reforce o almorzo con comidas de alto poder nutrit
ivo.
Inicie as comidas cos alimentos preferidos antes de pasar aos outros alimentos.

- Nos casos de nenos que tomen medicación considérase recomendable retrasar a cea ata que o efecto dos estimulantes desaparezan (casos de nenos medicados po TDAH) sempre baixo prescripción médica).  Nese caso permítalle tomar algún refrigerio saudable antes de acostarse.


  
Consellos para o APOIO ESCOLAR na CASA:

1. Establecer unha rutina e un horario para facer as tarefas escolares (una hora e un lugar específicos). 
Non permita que o/a seu/súa fillo/a espere ata a noite para empezar.

2. Limite as distraccións no fogar durante a realización das tarefas escolares (Reducción de ruídos, chamadas telefónicas ou actividades innecesarias e apague a televisión).

3. Empregue a alabanza e o cumprido para o/a seu/súa fillo/a cuando él/ela mostre interese e esforzo e complete as tarefas escolares.

De forma que poida interpretarse como un apoio e non coma unha crítica, é apropiado e útil recomendarlle revisar o traballo para facer algunhas correccións dos erros nas tarefas. Sempre co fin da auto-superación, responsabilidade persoal e búsqueda da mellora nunca como motivo de conflicto nin menosprezo.

4. Non é da súa responsabilidade correxir todos os erros nos deberes do/da seu/súa fillo/a, nin facer que os complete pasándolos a limpo correctamente nunha folla nova.

5. Lembre o/a seu/súa fillo/a que debe facer as tarefas escolares e ofrézalle incentivos. 
Millor evitar incentivos materiais, sustituílos por pasar tempo xuntos realizando unha actividade do seu interese. A modo de exemplo: "Cando termines a tarefa, faremos galletas".

6. Se o seu/súa fillo/a ten dificultades coa lectura, axúdelle/a lendo xuntos/as os enunciados das tarefas ou ben léallos previamente.

7. Debe realizar tarefas escolares durante un cierto periodo de tempo permitíndolle intervalos de descanso durante a realización das mesmas.

Depende moito da idade e das necesidades que presente o/a neno/a, cada caso é moi particular.

8. Para moitos pais é moi difícil axudar os seus propios fillos/as co traballo escolar. Dadas as circunstancias actuáis de non poder buscar axuda externa dun profesional dada a situación de confinamento na que nos atopamos, deben organizarse entre os miembros do fogar. 

Considérase máis positivo que o apoio o realice outro irmán maior/familiar que conviva con vostedes. Non dude en realizarlo desta maneira se ten esa posibilidade.

9. Sexa firmeEstablezca regras e manténñaas.

10. Asegúrese de que o/a sau/súa fiillo/a entenda as reglas, para que non se sienta mal informado.

11. Utilice o reforzo positivo. Alabe e recompense o/a seu/súa fillo/a polo seu bó comportamento.

12. Cambie ou rote as recompensas con frecuencia para manter alto o nivel de interese por elas.

13. Sancione a conducta, non o/a neno/a

Se seu/súa fillo/a ten unha conducta inapropiada, trate de facerlle apreciar as consecuencias das súas accións.

Empregue a negociación e o diálogo para chegar a acordos ante os retos e resistencias que lle expoña.


ÁNIMO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario