mércores, 21 de outubro de 2020

XOGOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL

 

A estimulación da linguaxe é diferente dependendo da idade do neno ou 

nena. A infancia é un período de expansión da linguaxe continua. Por iso, os

 xogos que vas atopar a continuación están pensados para nenos de entre 3 e 6

 anos. 

O xogo: un momento clave para desenvolver a linguaxe Todos os xogos

proporcionan un espazo perfecto para fomentar a linguaxe. Non é necesario

dispoñer de materiais específicos. O simple feito de comportar un intre de xogo

co teu fillo ou filla dará lugar a unha gran cantidade de oportunidade nos que 

usar as palabras.

A continuación dareiche algunhas ideas sobre como estimular a linguaxe a

través de xogos concretos. Pero as actividades que realizamos no día a día

tamén dan moitas oportunidades para estimular a linguaxe. 

Recoméndoche que deixes que o teu fillo ou filla tome a iniciativa. Deixa que

elixa a que xogar ou espera a que estea a xogar para achegarche. Aproveita o 

xogo que captou o seu interese para fomentar a linguaxe. Así a súa motivación

e atención será maior. En ocasións, os adultos tenden a ‘mandar’ demasiado,

queren elixir os xogos (aínda que sexa a base de propoñer) e dan moitas ordes.

Lembra que é o teu fillo ou filla quen ten que ter o papel activo, non ti.

 

Xogos de construcción

Estes xogos motores son moi frecuentes ao comezo da infancia, entre os 2 e os

3 anos. Ademais de mellorar a coordinación motora e a percepción visual poden

ser o escenario perfecto para aprender que significan palabras como“encima”, 

“debaixo” ou “á beira”. Tamén pode ser un bo momento para aprender 

conceptos como as cores, as formas xeométricas ou as cantidades.

 Exemplos prácticos:

 – Cando o teu fillo ou filla colla unha peza e vaia a colocala indícalle “encima da

vermella” e sinala o lugar onde pode colocala. – Se o teu fillo ou filla ten estes 

conceptos dominados podedes xogar ao “xefe/a de obra” e o/a construtor/a” 

(xogo de roles). Un indicará que pezas coller e onde colocalas e o outro irá 

colocando as pezas.

– Outra opción para este xogo sería situar ao teu fillo/a lonxe da caixa de pezas,

de maneira que teña que dicir que peza quere para que ti a recollas. Se tras un

par de repeticións ves que o teu fillo/a parece canso ou frustrado volve a xogo

libre. Temos que ir aos poucos!


Libros con imaxes (sen texto)

Os libros con imaxes son excelentes para fomentar a linguaxe e a imaxinación. 

Non hai nada escrito, o que nos permite poñer os matices que queiramos á

historia.

Por exemplo: Ladrón de Galiñas ( Béatrice Rodriguez) e Imaxina (Aaron

Becker). Pero podes atopar moitísimos máis. Pídelle ao teu fillo/a que che

conte que ocorre. Podedes turnaros para contar o que ocorre en cada páxina,

de maneira que a historia se vaia construíndo aos poucos. Esta opción

permíteche ademais ser o modelo do neno. Tenta facer énfase nas cores, as

emocións e os detalles. Sinala e feixe moitos xestos! Ler é unha actividade

 experiencial.

 

Cancións con movementos

Favorecen a aprendizaxe de palabras, estimulan a memoria, fomentan a

imitación e permiten aprender conceptos (partes do corpo, animais, números). 

Non hai escusa para non practicar en casa.

 

Vexo Vexo

Este clásico xogo pódenos axudar a traballar a memoria semántica e a conciencia sobre como son as palabras (“empeza por…”). Ademais, axúdanos a traballar conceptos como os adxectivos mentres imos dando pistas (cor, forma, tamaño). É importante que actuemos como modelos primeiro, e que axudemos a péquelos ata que saiban xogar. Podemos facelo primeiro con obxectos que estean á vista e logo con obxectos que estean noutra habitación.

 

Memory (xogos de memoria con imaxes)

Os memorys poden axudarnos sobre todo a aprender palabras novas 

(vocabulario). Podemos atopar moitos no mercado, por exemplo os memory de 

cidades. Podemos usalos para contar algo de cada cidade ou falar sobre 

viaxes. 

Tamén internet podemos descargalos e imprimilos. Déixoche algúns exemplos

 a continuación: animais, o tempo, emocións, transportes, deportes e chapeus. 

Se queres traballar sobre un vocabulario concreto podes crear as túas propias 

tarxetas con imaxes. Este xogo ofrece infinitas posibilidades e podemos 

engadirlle dificultade poñendo un tempo máximo.

 

Xogos de mímica

As persoas non só expresámonos a través das palabras, tamén o noso corpo

 axúdanos a comunicarnos. Desde os xestos da cara ata os movementos que 

facemos coas mans inflúen na comunicación. Os xogos de mímica permítennos 

divertirnos e usar o humor mentres nos comunicamos co noso corpo. Para os 

máis pequenos, podemos comezar con tarxetas con imaxes de animais, 

instrumentos musicais ou accións sinxelas. Tamén podemos comprar algún 

xogo infantil a modo de exemplo: Xestos de Hasbro, que vén con diferentes

 niveis de dificultade; Adiviña que imito de Educa, vén coa palabra e a imaxe; 

ou o Party and go Disney de Diset, que inclúe varios xogos entre eles o de

mímica.

 

Xogos de roles (xogo simbólico)

A partir dos 3 anos, os nenos e nenas empezan a reproducir escenas da vida

real. Podemos usar os xogos para que os nenos aprendan sobre situacións

cotiás (que facemos cando imos ao supermercado, a un restaurante ou ao 

xogar ao parque). Todas estas situacións están cheas de regras e interaccións

cos demais: saudar, pedir algo, compartir xoguetes, etc. Para que este xogo 

sexa o máis beneficioso posible é importante que lles deixemos actuar.

Por exemplo, se estamos a xogar con bonecos podemos facer que unha caia e dicir “oh! fíxose dano, que facemos?”. Isto é como unha invitación que facemos

aos nenos para que interactúen connosco. Temos que facer pausas para que

eles respondan. Se cremos que o noso/a peque non parece saber que hai que

facer, seremos nós quen faga de modelo xogando: podemos coller outro 

boneco e dicir, “non te preocupes, eu axúdoche a ir ao médico. Alí vanche a

 curar”.

O importante é que vaiamos contando historias e se poden ser divertidas mellor.

O xogo ten que ser como unha película, onde de súpeto ocorre algo inesperado

 e temos que decidir que facer.

 

Que teño na cabeza ou Quen son?

Trátase dun xogo no que hai que adiviñar quen ou que somos. Cada xogador 

ten unha imaxe sobre a súa cabeza (en casa podemos facelo cunha cinta ou un 

pano). Faremos preguntas ao resto de xogadores para adiviñar quen somos. 

Os xogadores só poden responder Si ou Non. Por exemplo, “son un animal?”. 

Este xogo permite traballar o razoamento verbal, o vocabulario ou a memoria. 

Para o nenos máis pequenos pode ser un pouco difícil entender o 

funcionamento ao principio.

 

Xogos de seguir instruccións

O clásico “Simón di” é un xogo de instrucións perfecto para xogar con péquelos

a calquera idade. Non necesitamos ningún material, podemos axustar as ordes

á idade e podemos xogar por quendas. Xogar por quendas é unha

aprendizaxe crave na infancia. Un xogador en cada quenda será Simón e é o

encargado de dar as ordes aos demais. O xogador dirá “Simón di que che

toques a punta do nariz” e despois todos os xogadores teñen que facelo.

Podemos subir a dificultade de diferentes formas: – Só hai que facer a acción

se o xogador di literalmente “ Simon Di”. Se só di a acción, por exemplo “salta”,

os xogadores non ten que facer nada. Así terán que estar atentos a que ordes

son correctas e cales non. – Podemos dar varias ordes que inclúan dúas

accións á vez: “Simón di toca a túa cabeza e salta” – Podemos dar ordes que 

impliquen accións secuenciadas: “Simón di toca a porta e despois toca a mesa”

Como podes ver, este xogo permite moitas combinacións desde ordes sinxelas

a complexas. Nós empezaremos facendo de modelo e despois os nenos. Trata

de ser creativo coas ordes.

 

Dados de contar historias

Este é un xogo excelente para o desenvolvemento da linguaxe, especialmente

para a estimulación das habilidades de conversación.

Para xogar soamente temos que tirar os datos e facer unha historia coas imaxes

que aparezan. Podemos tirar un dado cada un, por quenda, e seguir a historia

que empezase o xogador anterior. Tamén podemos establecer un tempo para

que cada xogador conte unha parte da historia, seleccionando as imaxes que

queira. Podemos xogar a este xogo dunha maneira máis sinxela usando

directamente imaxes (recortadas de revistas ou impresas). 

Para o máis pequenos esta opción será máis sinxela ao principio.

Explicarémoslles que imos contar un conto, pero teremos que facelo coas

imaxes que saian. Recomendo poñer ao principio 3 cheas de imaxes:

personaxe, lugar e acción. De maneira que poderiamos facer un sinxelo: “había 

unha vez ______, que vivía en ________ e encantáballe _______”. 

Unha vez que os peques dominen esta dinámica podemos engadir máis imaxes 

para alongar o conto.

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario