COMO FACER UNHA DESCRICIÓN DUN ANIMAL
1. Que animal?
Anótase o animal que imos describir e por que eliximos ese animal
Exemplos:
“Un can” porque é o mellor amigo do home
“Un loro” porque é un animal moi bonito e interesante
2. Características Físicas
Anótase como é o animal: tipo de raza, patas, pelo, tamaño, aspecto, etc.
Por exemplo:
"O loro é un ave, ten o corpo cuberto de plumas de cores, o seu tamaño pode variar, o seu aspecto é moi alegre, etc."
3. Calidades Psicolóxicas
Neste apartado, anotamos estilo de vida, alimentación, si viven sos ou en grupos, si se relacionan con outros animais, que adoitan facer, etc.
Exemplo:
"Viven na selva, nas árbores, normalmente viven en parellas, son omnívoros, aliméntanse de plantas e pequenos insectos, adoitan ser amigables e tranquilos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario